A Marcha Mundial das Mulleres lanza unha campaña a favor do aborto libre e gratuíto

A campaña demanda educación afectivo-sexual no ensino, programas sobre os dereitos reprodutivos nos CIMM e acceso a anticonceptivos nos centros Quérote 


|

Concentracion galicia apoio aborto arxentina

Concentración en Galicia en apoio á campaña arxentina para despenalizar o aborto


"Aborto para todas" é o lema da campaña lanzada pola Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres (MMM) que demanda a derrogación da modificación lexislativa aprobada en 2015 que obriga ás mulleres de 16 e 17 anos a contar co consentimento materno-paterno para someterse á interrupción voluntaria do embarazo


Convocaron mobilizacións para o venres 28 de setembro en varias cidades galegas para recuperar "o aborto libre, gratuíto e na seguridade social par todas despois do paso atrás dado no 2015" con panos verdes por bandeira, como vimos recentemente en o movemento feminista arxentino. 


Con iso, demandan á Xunta a integración da educación afectivo-sexual como materia obrigatoria no currículo escolar. "O único que se cursa de forma obrigatoria é Bioloxía e Xeoloxía en terceiro da ESO, onde se explica a reprodución humana sen máis contido específico sobre dereitos sexuais e reprodutivos", expoñen desde a MMM. 


Doutra banda, solicitan programas de divulgación e información sobre dereitos sexuais a través dos Centros de Información Municipais ás Mulleres (CIMM), xa que, segundo explican, "non existe ningunha liña nacional específica de traballo en relación á saúde sexual e reprodutiva das mulleres" como as súas dereitos, as maternidades ou a anticoncepción, e cada centro depende "do persoal que o xestiona e do goberno local de quenda" para establecer programas nesta materia. 


Ademais, a campaña busca garantir o acceso a anticonceptivos gratuítos nos centros Quérote + que "coa chegada do PP", ademais de dedicarse á educación sexual comezaron a tratar temas como desordenes alimenticios, drogodependencia, acoso e convivio, novas tecnoloxías e condución, algo que ao entender da MMM "minguou os tempos utilizados para a educación afectivo-sexual".


As manifestacións convocadas ata agora para o 28 de setembro son Ourense, ás 20.00h na Delegación de Educación; Val Miñor, ás 20.00h na Alameda da Ramallosa; A Coruña, ás 20.00h no Obelisco; Ferrol, á mesma hora diante do Concello; Vigo, tamén ás 20.00h na Porta do Sol; e As Pontes, ás 19.30h na Praza do Hospital. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE