VÍDEO: Aspas pasa de home crave a non xogar con España, que arrasa a Croacia (6-0)
O dianteiro do Celta foi titular na vitoria en Wembley e o propio Luís Enrique aplaudiuno ao recoñecer o seu erro cando non o convocou inicialmente. Con todo, onte Iago Aspas viu a goleada a Croacia sentado todo o partido no banco.

A selección española deu un recital de goles no Martínez Valero de Elxe contra Croacia (6-0) na segunda xornada da liga de Nacións.
Este é o segundo triunfo da 'vermella' ao mando de Luís Enrique. O xogo da selección devolveu os ánimos á afección tras unha actuación discreta no recente mundial.
Precisamente, España enfrontábase nesta ocasión contra a gañadora do trofeo global. O combinado nacional tivo máis puntería que fútbol, pero tardou moi pouco en inclinar a balanza ao seu favor cando o marcador deulle a razón. Asensio, Ceballos, Isco e Saúl pasáronllo en grande no que foi un serio correctivo aos croatas.
Aínda que para dicir toda a verdade, os croatas afrontaron o partido con baixas serias (como a de Mandzukic), pero España entrou en combustión e resolveu o triunfo antes de alcanzar o descanso. O 'culpable' foi Marco Asensio, quen revolucionou o partido cun dobrete en apenas dous minutos.
Escribe o teu comentario