Detida unha parella que roubaba a peregrinos do Camiño de Santiago
Esperando na entrada e forzando portas, dúas persoas con numerosos antecedentes desvalixaban albergues. A unha peregrina roubáronlle presuntamente 6.000 euros.
Esperando na entrada e forzando portas, dúas persoas con numerosos antecedentes desvalixaban albergues. A unha peregrina roubáronlle presuntamente 6.000 euros.
Peregrinos nunha imaxe de arquivo
A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela a un home e a unha muller acusados de roubar pertenzas de peregrinos coándose no interior de albergues.
Segundo a información proporcionada pola Policía, a investigación iniciouse a raíz do aumento de denuncias por furtos e roubos na cidade, por parte de peregrinos.
MODUS OPERANDI
Grazas ao dispositivo establecido, os axentes identificaron a dúas persoas, un home e unha muller, que supostamente se dedicaban a esperar nos arredores de albergues para acceder aos establecementos cando algún dos peregrinos entraba ou saía. Posteriormente, deambulaban polas habitacións e subtraían carteiras e pequenos obxectos de valor.
Nalgún dos albergues, e ante a imposibilidade de acceder con este método, os detidos chegaron a forzar o seu acceso a través de portas ou xanelas, indica a Policía.
Os axentes detiveron na madrugada do día 1 de setembro a oun home de 23 anos, con 18 detencións anteriores por delitos similares; e a unha muller de 38, con 15 antecedentes. Atribúenselles máis de 20 delitos de furto, catro de roubo con forza e un delito de estafa polo que subtraeron máis de 6.000 euros co cartón dunha peregrina.
Escribe o teu comentario