"Os plans da Xunta para promover o galego na empresa son plans pantasma"
"Fume". Isto é o que vende a Xunta no referido á promoción do galego na empresa e o consumo, segundo a Mesa pola Normalización. A maior das asociacións culturais galegas carga así contra as palabras do Secretario Xeral. Valentín García defendeu recentemente o esforzo do Executivo por aumentar a visibilidade da lingua propia neste ámbito, onde é infrautilizada
"Fume". Isto é o que vende a Xunta no referido á promoción do galego na empresa e o consumo, segundo a Mesa pola Normalización. A maior das asociacións culturais galegas carga así contra as palabras do Secretario Xeral. Valentín García defendeu recentemente o esforzo do Executivo por aumentar a visibilidade da lingua propia neste ámbito, onde é infrautilizada.
Marcos Maceira lémbralle a García que o PP tombou a Iniciativa Lexislativa Popular pola cal 28.000 persoas reclamaron un impulso ao galego na empresa. O presidente da Mesa cualifica de "plans pantasma" que só buscan titulares os "anunciados pero executados plans de dinamización do galego no tecido económico e para a mocidade".
A Mesa lembra que é esta institución, e non a Xunta, quen mantén unha liña -a Liña do Galego- para que os cidadáns poidan remitir queixas por discriminación do idioma.
Escribe o teu comentario