Cidadáns anuncia a incorporación de 12 novos grupos locais en setembro

"A nosa evolución e asentamento foi imparable nestes últimos 12 meses en Galicia pasando a día de hoxe os 6.500 inscritos e segue adiante"


|

Olga louzao cidadáns

Olga Louzao 


Cidadáns arrinca o curso político en Galicia coa previsión de incorporar este mes de setembro un total de 12 novos grupos locais en toda a xeografía, o que supón que, no último ano, a formación laranxa haberá crecido un 200% a súa presenza.

A portavoz de Cidadáns Galicia, Olga Louzao, sinalou que a primeira destas incorporacións será a do Porriño, leste mesmo venres. O grupo estará encabezado por Sue Rial.

A esta seguiranlle as de Cambados, Silleda, Sanxenxo e Ortigueira, entre outras. "Todas con equipos moi preparados para gobernar", apuntou Olga Louzao nun curso político clave pola celebración, o próximo mes de maio, das eleccións municipais.

"Nosa evolución e asentamento foi imparable nestes últimos 12 meses en Galicia pasando a día de hoxe os 6.500 inscritos e segue adiante", remarcou Louzao, quen tamén avanzou que outras dez agrupacións de Cs serán presentadas no mes de outubro.

En opinión da portavoz, este "crecemento exponencial" débese a que "cada vez máis persoas descobren en Cs un novo proxecto político que responde aos seus inquietudes e isto tradúcese en que se achegan, queren formar parte porque valoran un partido que chega sen débedas e sen sospeitas de corrupción".

Louzao destaca como un dos "valores fundamentais e claves" para a confianza da xente en Cs é "o traballo ben feito; facer ben as cousas está a dar os seus froitos". Hoxe a estrutura do noso partido chega case ao 80 % da poboación", apostilou Louzao, quen lembrou que as listas municipais coñeceranse no principio do ano no conxunto do Estado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE