O médico Luís Emilio Batallán ingresa no hospital tras catro días de folga de fame

Os médicos que fan seguimento ao compositor, músico e médico xubilado Luís Emilio Batallán durante a folga de fame que empezou o luns no Colexio de Médicos de Pontevedra recomendaron o seu traslado a un centro hospitalario para que reciba asistencia sanitaria.

|

Os médicos que fan seguimento ao compositor, músico e médico xubilado Luís Emilio Batallán durante a folga de fame que empezou o luns no Colexio de Médicos de Pontevedra recomendaron o seu traslado a un centro hospitalario para que reciba asistencia sanitaria.



Luís batallan folga fame

O cantautor en folga de fame en unha imaxe de Canle Rías Baixas


Batallán leva desde o luns sen inxerir ningún tipo de alimento e só bebe auga. A aparición dos primeiros síntomas de debilidade seria aconsellaron o seu traslado segundo informaron fontes próximas ao músico.


O cantautor insistía en que tería que valorar ou non se continuaba coa folga, aínda que a súa intención era aguantar o máximo posible. O propio Batallán xa recoñecía o mércores que a partir do sexto día sen comer empeza a producirse dano renal irreversible e unha perda de masa muscular que xa non se recupera e que os problemas serios empezarían este venres. "O venres é o momento máis perigoso", indicaba.


Ao mediodía deste mércores, cando se cumprían as primeiras 48 horas sen comer, empezou a notar os primeiros síntomas de debilidade, pero o cansazo físico e mental non alterou a súa vontade de seguir coa súa protesta "ata que o corpo aguante". Este venres, tras recomendarse o seu traslado, non realizou ningunha declaración, pero prevese que continúe coa medida de protesta.


Luís Emilio Batallán púxose en folga de fame para "defender a dignidade dos profesionais sanitarios que están a traballar nunhas condicións lamentables", "conseguir que se acabe cos recortes na sanidade" e dar "unha chamada de atención á Xunta e ao poder político de que isto non pode seguir así".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE