Mil empregados de PSA Vigo volverán cinco días máis tarde de vacacións por problemas de subministración

Este sistema de montaxe tamén se viu afectado polo feito de que a depreciación da lira turca está "a penalizar" a venda deses modelos nese país 


|

Produción de vehículos/fábrica de automóbiles/Berlingo/planta de coches


A planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo atrasou cinco días a incorporación, tras as vacacións de verán, dun milleiro de operarios, debido a problemas de subministración das caixas de cambios.

Así o trasladou a dirección da factoría, que explicou que esta situación afecta os operarios do sistema M1, que monta os modelos C-Elysée e Peugeot 301. Estes traballadores, que tiñan previsto volver ao traballo o 5 de setembro, farano finalmente o 10 de setembro, e eses días recuperaranse con cargo á bolsa de horas e aos días de adecuación de xornada.

Ademais dos problemas de abastecemento das caixas de cambios, segundo apuntou a empresa, este sistema de montaxe tamén se viu afectado polo feito de que a depreciación da lira turca está "a penalizar" a venda deses modelos nese país.

Por outra banda, fontes de PSA tamén explicaron que se está "priorizando" a produción das novas furgonetas, as que se montan no sistema M2. Para garantir a devandita produción, a planta viguesa está a recibir os compoñentes por transporte aéreo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE