Unha volta a Galicia polas Enfermidades Inflamatorias Intestinais

A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal organiza o Reto polas Enfermidades Intestinais 2018, unha volta a Galicia para dar visibilidade a estas enfermidades


|

Enfermidades intestinais

Imaxe: Asseii


A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (Asseii) organiza o Reto polas Enfermidades Inflamatorias Intestinais (EII) 2018, unha volta a Galicia para dar visibilidade a estas enfermidades. 


O reto consiste nun percorrido en patinete e bicicleta polos hospitais da comunidade para informar sobre a colitis ulcerosa e a enfermidade de Crohn da man de Víctor Loira, doente de Crohn. O corredor Cons Moledo e unha produtora acompañarán a Loira nunha viaxe que documentarán para emitir a nivel estatal en colaboración de deportistas, actores e actrices, incluído o protagonista da o Fío do Imposible. 


O 20 de agosto ás 12.00h organizan unha mesa informativa sobre as EII na Praza Maior de Ourense para recibir ás 13.30h a Victor Loira na súa chegada á cidade. O 21, a acción levará a cabo no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), cunha rolda de prensa ás 9.00h e o posterior comezo da terceira etapa do reto na que Loira realizará 52 quilómetros en patín ata Trasmirás.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE