'Referentes galegas', a primeira base de datos de mulleres profesionais de Galicia
Para a configuración da base de datos, a asociación recibirá solicitudes que poderán ser enviadas pola interesada como por terceiras persoas
Socias de Executivas
A Asociación Executivas puxo en marcha un proxecto de creación de unha base de datos sobre mulleres profesionais de todos os ámbitos e sectores de Galicia. 'Referentes Galegas', como se chamará, presentarase despois do verán.
Ata entón, Executivas convida as mulleres a incorporarse a este proxecto pioneiro na comunidade autónoma "co fin de visualizar o talento feminino en todos os sectores profesionais", segundo explican desde a asociación.
"Executivas quere reverter unha realidade evidente e que reflicten os constantes estudos: a falta de paridade da presenza das mulleres como fontes ou columnistas nos medios de comunicación, así como de relatoras en foros e eventos", explican. Para a configuración da base de datos, a asociación recibirá solicitudes que poderán ser enviadas pola interesada como por terceiras persoas.
"O fin é visibilizar o talento feminino e achegar voces de mulleres nos debates, voces agora ocultas obviando que as mulleres representan o 50% da sociedade e son axentes crave no desenvolvemento de Galicia", conclúen.
Escribe o teu comentario