Aumenta o número de demandantes da axuda por violencia de xénero

Ante o número de solicitudes presentadas a Xunta ampliou en 958.927 euros a dotación orzamentaria asignada para a concesión de axudas económicas de carácter periódico de apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero 


|

Susana López Abella durante a súa comparecencia en comisión parlamentaria

Susana López Abellá, Secretaria Xeral de igualdade


O número de mulleres que solician apoio por violencia de xénero aumentou considerablemente. Consecuentemente, a Xunta ampliou en 958.927 euros a dotación orzamentaria.


"Na data actual, dado o volume de solicitudes presentadas desta axuda e que non poden ser atendidas polo esgotamento do crédito inicialmente asignado, así como as necesidades das posibles beneficiarias, resulta necesario incrementar a dotación orzamentaria destinada a estas axudas", di o Diario Oficial de Galicia.


O incremento orzamentario, publicado este mércores, súmase aos 3 millóns xa consignados para esta axuda nos orzamentos iniciais da Secretaría Xeral de Igualdade.


En concreto, segundo explicou a Xunta, estes apoios buscan garantir ás vítimas deste tipo de violencia unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do seu agresor, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.


A contía das axudas, que poden percibirse por un período máximo de 12 mensualidades, oscila entre os 300 e os 800 euros ao mes, en función dos ingresos da beneficiaria, dos seus fillos menores a cargo ou de circunstancias de discapacidade, entre outros factores.


Os requisitos para optar a estes apoios son ser muller maior de idade ou emancipada vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia; cesar esta convivencia co agresor dentro dos 12 meses anteriores á data de prestación da solicitude; percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o Iprem vixente; estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.


Dado o volume de solicitudes presentadas, o Executivo autonómico decidiu aumentar a partida para atender a este colectivo. Desta forma, a Xunta destacou que reafirma o seu compromiso coas vítimas da violencia de xénero, ás que lles ofrece os recursos necesarios para favorecer a súa saída do ciclo da violencia.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE