Polémica pola morte dun enfermo sen atender nun PAC do SERGAS

A Xunta alega que era un enfermo crónico. PSOE e BNG alertaron das consecuencias "moi graves" de que falte persoal sanitario nos centros, tras o falecemento dunha persoa o sábado na Estrada cando non había médico porque se desprazou a unha urxencia.


|


A Xunta alega que era un enfermo crónico. PSOE e BNG alertaron das consecuencias "moi graves" de que falte persoal sanitario nos centros, tras o falecemento dunha persoa o sábado na Estrada cando non había médico porque se desprazou a unha urxencia.



Sergas


Denunciárono representantes de ambas as formacións ás portas da Consellería de Sanidade, en San Lázaro, onde mostraron o seu apoio a traballadores do 061 concentrados en contra do traslado, precisamente, a esa localidade pontevedresa da Estrada.

A preguntas dos xornalistas, o portavoz parlamentario dos socialistas galegos, Xoaquín Fernández Leiceaga, rexeitando referirse a "casos concretos", si lamentou as "disfuncións con consecuencias" dunha política que, ao seu xuízo, xera altos "niveis de tensións" na sanidade galega.

En calquera caso, destacou que, de haber responsabilidades, deberán "dirimirse" noutro ámbito.

A continuación, o deputado e portavoz de sanidade do grupo na Cámara, Xullo Torrado, censurou a "ausencia de persoal" pola redución de recursos. "Causa consecuencias moi graves e tamén problemas a longo prazo", incidiu.

Pola súa banda, a responsable destes asuntos no Bloque no Pazo do Hórreo, Montse Prado, asegurou que tanto o persoal dos PAC na comunidade como o seu grupo viñan avisando de que as "condicións extremas" destes profesionais terían "consecuencias". "(Viñan avisando) que isto ía ocorrer", aseverou.

Así, lamentou "a primeira morte" nestas circunstancias e adiantou que os nacionalistas van pedir " responsabilidades", apuntando a dirixentes de Sanidade e o Sergas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE