O Tribunal Superior de Xustiza rexeita o recurso da CIG contra os servizos mínimos do 061

O persoal do 061 iniciou este mércores a folga indefinida contra o traslado do seu centro de traballo á Estrada, e cualificou de "abusivos" os servizos mínimos impostos pola Xunta


|

Concentración de traballadores do 061 en San Marcos, Santiago


Este mércores o persoal do 061 comezou con paros de dúas horas e concentracións a folga indefinida contra o traslado do seu centro de traballo á Estrada. O presidente da xunta de persoal, Mario Otero, falou dun segimiento "maioritario" a pesar de que deben cumprir "os servizos mínimos abusivos" do "100% marcados para o persoal sanitario e do 20%" para o resto. 


Ante as porcentaxes fixadas, a Confederación Intersindical Galega (CIG) interpuxo o martes un recurso de amparo no xulgado, que rexeitou este mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 


Así, o TSXG acordou que "non ha lugar á medida cautelarísima" presentada polo sindicato, nun auto contra o que "non cabe recurso algún". 


PRIMEIRA XORNADA

Na primeira xornada de folga leváronse a cabo un paro desde as 12.00h ás 14.00h no que se celebrou unha concentración na entrada do edificio de San Marcos do 061. Esta tarde, entre as 19.00h e as 21.00h traballadoras e traballadores pararán de novo.


O persoal reivindica unha compensación económica dos gastos que supón o desprazamento ata o municipio da Estrada, así como que se teña en conta a duración do traslado, tendo en conta que teñen que realizar "30 quilómetros de ida e outros 30 de volta" ata o seu novo centro.

Ademais, critican que a Xunta estivese "a aprazar" as negociacións a pesar de ter constancia das peticións do persoal deste servizo desde maio de 2017. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE