Folga de taxi en Galicia desde o mediodía do luns
Respaldo unánime dos taxistas galegos á mobilizacións nas grandes cidades pola suposta competencia desleal de aplicacións como Uber e Cabify.
Respaldo unánime dos taxistas galegos á mobilizacións nas grandes cidades pola suposta competencia desleal de aplicacións como Uber e Cabify.
O colectivo galego de taxistas decidiu convocar unha folga desde as 12,00 horas deste luns e ata as 00,00 horas do mércores en apoio aos compañeiros que se reúnen en Madrid no Ministerio de Fomento para abordar a problemática dos vehículos con condutor.
As distintas asociacións que representan ao taxi en Galicia reuníronse este luns na Coruña, onde, segundo fontes do sector consultadas por Europa Press, o respaldo foi "unánime" a sumarse aos paros, convocados en varias cidades de toda España.
Por outra banda, os taxistas de Barcelona, que se manteñen en folga indefinida desde o venres pola tarde, aseguraron este domingo que non levantarán o paro en ningunha cidade de España ata que consigan "gañar", e advertiron ao Ministerio de Fomento que se non hai licenza urbana non se levantarán as mobilizacións, e mesmo irán a máis.
Escribe o teu comentario