ABANCA vende e a AP-9 queda sen ningún accionista galego

Sacyr, Kutxa e ABANCA acordaron vender o seu parte de Itínere a Globalvía por 1.300 millóns. Itínere controla Audasa, a polémica concesionaria da Autoestrada do Atlántico.


|

Sacyr, Kutxa e ABANCA acordaron vender o seu parte de Itínere a Globalvía por 1.300 millóns. Itínere controla Audasa, a polémica concesionaria da Autoestrada do Atlántico.



Peajeautopistaap9 3


ESCOTET DIXO ONTE QUE A ARBITRAXE SAIRÍA EN OUTUBRO

Segundo El Confidencial, xa hai acordo, a pesar de que en teoría a venda estaba pendente dunha arbitraxe. De feito, o dono de ABANCA dixo onte que non esperaba que a arbitraxe estivese listo antes de outubro.


A marca galega do banco venezolano Banesco controlaba o 23,8% do capital. ABANCA, Sacyr (15%) e Kutxa (16%) levaba anos desexando vender, pero a operación estaba bloqueada polo fondo de investimento internacional Corsair, que tiña o 38%. 


A AP-9 é só un das autoestradas que xestionada Itínere . Pola súa banda, o novo dono, a madrileña Globalvía, presidida por Juan Béjar, xa posúe en Galicia a concesión da autoestrada AG-53 entre Santiago e Lalín. 


UN MOMENTO DELICADO POLITICAMENTE

A operación chega nun momento político importante. O novo goberno do PSOE abriu a porta á transferencia da AP-9 á Xunta, que levan anos reclamando por unanimidade todas as forzas do Parlamento Galego.


A Autoestrada do Atlántico é de titularidade pública, aínda que desde sempre a xestionou capital privado.  Se a Xunta consegue ser a titular, súa será a responsabilidade dunha hipotética xestión pública cando se acabe a concesión, o seu rescate ou a negociación das polémicas peaxes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE