A necesidade dos 'Puntos Morados' en festas e eventos

A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, instou aos Concellos para instalar 'Puntos Morados' nas distintas festas e eventos deste verán, como espazos para denunciar posibles casos de violencia de xénero ou de acoso ás mulleres.


|


Punto morado feminismo festas

Punto Morado nas festas da Pomba, Madrid


A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, instou aos Concellos para instalar 'Puntos Morados' nas distintas festas e eventos deste verán, como espazos para denunciar posibles casos de violencia de xénero ou de acoso ás mulleres.


Desde a Subdelegación, a través dun comunicado, faise referencia aos datos do Ministerio do Interior que recollen que "unha muller é violada en España cada 8 horas, o que significa máis de 1.000 mulleres vítimas deste delito cada ano", ao que habería que sumar as situacións de "acoso, abuso ou intimidación".


Neste contexto, sinálase que durante o verán, e, en especial, durante o mes de agosto, celébranse numerosas festas ou eventos que contan cunha gran afluencia de persoas, o que "podería dar lugar a episodios de acoso, intimidación e mesmo violencia".


Ante isto, lémbrase que en todo o Estado están a implantarse os denominados 'Puntos Morados', como espazo de denuncia destes feitos e tamén como lugar de información para as mulleres.


O 'Punto Morado' está deseñado como un espazo no que persoas voluntarias con formación específica informarán, concienciarán e acompañarán ás posibles vítimas de abuso, acoso, intimidación ou agresión, en coordinación coas Forzas e Corpos de seguridade do Estado.


"A pesar dos avances, aínda vivimos nunha sociedade que coloca á muller nunha situación de desigualdade e vulnerabilidade. O meu obxectivo como muller e como Subdelegada é axudar a cumprir o compromiso firme do Goberno de España para poñer todos os medios necesarios para erradicar estas condutas machistas", manifestou Larriba.


No seu escrito, a Subdelegada solicita aos Concellos un esforzo de implicación para evitar a presenza de condutas machistas nas festas e eventos. A Subdelegada sostén que "todas as Administracións Públicas teñen que reaccionar ante este tipo de situacións.


"Canto maior sexa a colaboración, mellor poderemos enfrontarnos, loitar e erradicar estas actitudes intolerables", engadiu.


O obxectivo é conseguir "unhas festas e eventos igualitarios" para todas as persoas, nas que as mulleres sentan "cómodas e seguras". Neste sentido, a Subdelegada saúda a decisión do Concello de Cambados de implantar os 'Puntos Morados' na próxima Festa do Albariño e remarca: ""Ese é o camiño".


"Estou segura de que haberá unha gran implicación por parte dos Concellos, polo que xa adianto o meu agradecemento pola súa sensibilidade", concluíu.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE