Un novo tipo de maridaxe: viños e música

As Adegas Regina Viarum organizan unha cata cun bloguero especializado en Viños cunha actuación musical sorpresa con motivo do 17º Festival Ribeira Sacra


|

Santirivas colectivodecantado veu instagram

Santi Rivas, que dirixirá a cata | Imaxe: Instagram


Este fin de semana comeza a décimo sétima edición do Festival Ribeira Sacra, e dentro do marco de experiencias musicais para sentir o territorio que ofrece, as Adegas Regina Viarum prepararon un "percorrido moi especial". 


Este venres 27, a partir das 19.30h as adegas de Doade (Sober, Lugo) farán un repaso polos segredos do viño e a súa elaboración, seguido dunha cata dirixida polo bloguero especializado en viños Santi Rivas que estará acompañada dunha actuación musical sorpresa. "O programa musical foi seleccionado especialmente para a ocasión buscando un novo tipo de maridaxe: viños e música", explican, "ou o que é o mesmo: música destinada a impulsar as sensacións do viño". 


Así mesmo, Regina Viarum acollerá dúas actuacións musicais máis dentro do Festival. O venres tamén actuará o grupo indie madrileño Morgan e Harvesters, un proxecto musical "creado para a ocasión" no que seis músicas e músicos homenaxearán o mítico disco Harvest de Neil Young, nunha aposta das adegas pola cultura. Xa o sábado, a banda barcelonesa Mulleres concluirá as actividades da adega ás 14.30h. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE