O Deportivo non irá a Vilalba por problemas no campo

O Dépor adestrouse este luns por vez primeiras con dúas dos seus internacionais que xogaron o mundial de Rusia. Fabian Schär e Michael Krohn-Dehli, foron as novidades no regreso aos adestramentos do Dépor en Abegondo.


|

O Dépor adestrouse este luns por vez primeira con dúas dos seus internacionais que xogaron o mundial de Rusia. Fabian Schär e Michael Krohn-Dehli foron as novidades no regreso aos adestramentos do clube en Abegondo.



Deportivo adestramento abegondo

Adestramento hoxe en Abegondo nunha imaxe da web do club


En Abegondo, porque a tradicional concentración de pretemporada en Vilalba acaba de ser suspendida. Segundo informan os herculinos nun comunicado, "a concentración no Hotel Spa Attica 21 queda suspendida polo estado no que se atopa o terreo de xogo do campo da Magdalena".


A decisión supón un relevante cambio na pretemporada deportivista, pois o plan era estar en Vilalba entre o domingo 29 de xullo e o venres 3 de agosto. Con todo, os técnicos opinan que o céspede está tan mal que non irán á capital da Terra Chá.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE