Viño envellecido na primeira barrica de granito galego para quedar "de pedra"

O viño Pedra Nai de Santiago de Roma se comerciará nunha Edición Limitada con Denominación de Orixe Rías Baixas


|

Barrica granito galego anforum veu santiagoroma


As Adegas Santiago Roma, o enólogo Cayetano Otero e a empresa de barricas de pedra Ànforum aliáronse para ofrecer o primeiro viño envellecido en barrica de granito galego, co que prometen "deixarnos, literalmente, de pedra"


Os resultados en cata dos ensaios foron "bos" e derivaron no nacemento de Pedra Nai, o primeiro albariño con Denominación de Orixe Rías Baixas fermentado nesta barrica. As compañías planean unha edición limitada da beberaxe, que se comercializará, previsiblemente, o próximo mes de setembro.


As barricas ovoides de granito galego teñen unha xeometría que as converte en "óptimas" para realizar a crianza sobre leas finas. Xunto coa porosidad da pedra, estas condicións "permiten manter a microxigenación e a temperatura do viño sen oscilacións bruscas, logrando que adquira a propia mineralidad da pedra", explican desde Ànforum. 


O viño, que promete ser "máis intenso que calquera outro", está elaborado con cepas vellas de uva albariño, o que o converte nunha "volta ás orixes que asegura deixarnos literalmente de pedra". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE