Odontólogos lamentan o rexeitamento da Lei de Publicidade Sanitaria en Galicia

Destacan a "máxima relevancia" desta proposición, polas "graves repercusións que está a ter o uso inadecuado da publicidade no ámbito da odontoloxía"


|

Idental dentista odontologia


O Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos mostrou o seu preocupación polo rexeitamento á Proposición de Lei de Publicidade Sanitaria de Galicia presentada polo grupo En Marea e votada o pasado martes, 10 de xullo, no Parlamento de Galicia. 


Desde o Consello destacan a "máxima relevancia" desta proposición, polas "graves repercusións que está a ter o uso inadecuado da publicidade no ámbito da odontoloxía". 


Declaran que percibiron "sensibilidade e receptividade" por parte de todos os grupos políticos cos que se reuniron, e que as súas expectativas víronse referendadas no mes de maio coa aprobación por de unha Proposición non de lei "presentada polo PP na que se solicitaba á Xunta que instase o Goberno de España a mellorar e clarificar a regulación da publicidade sanitaria", segundo explican nun comunicado. 


A pesar diso, o pasado martes 10 de xullo, a proposición de En Marea veu abaixo cos votos en contra do Partido Popular, que alegou que a proposta é "imprecisa" e non achega novidades". 


Con todo, cualifican de "lamentable" o caso de iDental, considerado como "o maior escándalo sanitario dental mundial que se coñece" polo Consello Xeral de Dentistas de España, e que deixou "un número de damnificados que non deixa de aumentar". Lamentan o rexeitamento da proposición, que protexería de "compañías que consideran a odontoloxía como un mero negocio" e que "non fan outra cousa que acrecentar a sensación de inacción por parte de quen ten a responsabilidade e obrigación de tomar a iniciativa". 


Así as cousas, desde o Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos advirten de que a resposta "só pode articularse desde a política", que é o espazo onde "se teñen que xestar leis capaces de protexer de forma inequívoca os dereitos da poboación e, neste caso concreto, do seu ben máis prezado: a saúde". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE