Dous galegos á final dun concurso científico internacional
Dous estudantes de Ourense chegaron á final dun concurso internacional sobre auga e sustentabilidade. Miguel Aragón e Miguel Sequeiros xa gañaron a nivel español o Stockholm Junior Water Prize (SJWP).
Dous estudantes de Ourense chegaron á final dun concurso internacional sobre auga e sustentabilidade. Miguel Aragón e Miguel Sequeiros xa gañaron a nivel español o Stockholm Junior Water Prize (SJWP).
Esta semana visitaron as instalacións de Cetaqua Galicia, xunto á súa titora Lydia Castro, de Maristas Ourense. Presentaron aos investigadores de Cetaqua -un centro de investigación sobre a auga- o proxecto que defenderán en Estocolomo, do 26 ao 31 de agosto, no que demostran que o verme do mel, Galleria mellonella, pode degradar o polietileno e os compostos derivados deste de forma natural, mediante a súa inxesta, sen xerar produtos contaminantes nin afectar o ciclo vital deste ser vivo.
Durante a xornada, os alumnos tiveron a ocasión de coñecer de primeira man a investigación que se está levando a cabo en Galicia grazas aos proxectos de I+D que se están desenvolvendo en Cetaqua. Así mesmo, puideron compartir opinións e experiencias con expertos en investigación e recibir consellos para a presentación na gran final internacional.
SJWP é unha competición internacional que premia a investigación xuvenil en temas de auga e sustentabilidade, na que cada ano recíbense máis de 10.000 proxectos procedentes de 30 países, e que en España impulsan Viaqua, Fundación Aquae e a Escola da auga. A edición mundial do Stockholm Junior Water Prize está organizada polo Instituto Internacional da auga de Estocolmo (SIWI), cuxo obxectivo é fomentar o interese dos mozos e promover a súa creatividade en torno á auga e o medio ambiente.
Cetaqua Galicia
Cetaqua Galicia é unha fundación creada en 2011 por Viaqua, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Este modelo de colaboración público-privada que foi creado para garantir a sustentabilidade e eficiencia do ciclo da auga, considerando as necesidades territoriais, consolidouse como unha referencia na aplicación do coñecemento académico á auga e ao medio ambiente, creando produtos e servizos que benefician á sociedade. O modelo aplicouse noutros centros Cetaqua, que son independentes entre eles pero que comparten estratexia e traballan en colaboración.
Escribe o teu comentario