O Celta abre a pretempada contra o Córdoba Cf

O conxunto celeste de Antonio Mohamed estréase este sábado conta o Córdoba CF en Portonovo. As próximas citas dos vigueses serán en Braga, Southampton e Londres


|

Celta bufandas


O Campo de Baltar, en Portonovo, acolle o primeiro encontro de pretempada do Real Club Celta de Vigo. O encontro celébrase o sábado 21 de xullo ás 20.00h contra o que será o primeiro rival do conxunto celeste, o Córdoba CF


Os vigueses de Antonio Mohamed están a utilizar o campo poronovés para os seus adestramentos antes de comezar a tempada, onde o pasado mércores realizaron unha sesión de adestramento a porta aberta para afeccionadas e afeccionados e medios de comunicación. 


A recadación das entradas, que teñen un custo de 10 euros para o público en xeral e de 5 euros para socias e socios do Portonovo, destinarase integramente ao Portonovo SD


Así, despois deste partido, o equipo celeste viaxará a Braga o 27 deste mes para medirse contra o SC Braga. Coa entrada do novo mes, a formación chegará a Reino Unido, para medirse contra o Southampton FC o mércores 1 na mesma cidade, e contra o Fulham FC o día 4 na capital británica. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE