Persoal de Adolfo Domínguez e Inditex maniféstase por contra o salarios inferiores a 14.000 euros anuais

"Agora que chega a recuperación económica xa basta de perder diñeiro: é a hora de mellorar", declara o secretario de organización do sindicato en Galicia, Cristóbal Álvarez. 


|

Protexta do comercio téxtil de Ourense.


A Federación de Industria de Comisións Obreiras convocou unha folga a nivel estatal no sector téxtil este xoves 19 de xullo. Reclaman alcanzar un soldo mínimo de 14.000 euros anuais, como recolle o IV Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (ARNC) asinado a principios do mes de xullo. 


En Galicia, segundo explica CC.OO., as traballadoras de "empresas relevantes do sector", como Adolfo Domínguez, Téxtil Lonia ou Inditex, "sumaranse" á folga. A Sociedade Téxtil Lonia confecciona pezas para "marcas tan importantes" como Purificación García e Carolina Herrera. No caso de Inditex, o persoal participará tamén nas mobilizacións, "a pesar de contar cun pacto de empresa propio". 


As concentracións levarán a cabo diante dos centros de traballo, e, segundo anunciou o sindicato, tamén haberá concentracións e piquetes no polígono industrial de Valladares, en Vigo, e no de Sabón, en Arteixo. 


Actualmente o convenio estatal do téxtil expón uns salarios mínimos de 827 euros mensuais en 15 pagas, é dicir, 12.405 euros anuais. CC.OO.- Industria defende un mínimo mensual de 933 euros en quince pagas, o que supoñería un salario mínimo anual de 13.995 euros. "Agora que chega a recuperación económica xa basta de perder diñeiro: é a hora de mellorar", declara o secretario de organización do sindicato en Galicia, Cristóbal Álvarez. 


No sector téxtil galego traballan 8.000 persoas das 90.000 que se reparten por todo o estado. "Superada a crise, hai que acabar cos salarios de miseria", sentenza Álvarez. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE