Baltar desmárcase en público de Feijóo apoiando a Sáenz de Santamaría

O que era un segredo a voces, que o PP de Ourense non se inclina por Pablo Casado como fai o aparello do PPdeG, é xa un feito público. Baltar lembra que Santamaría gañou en primeira volta, aínda que deixará liberdade de voto aos seus compromisarios.


|

O que era un segredo a voces, que o PP de Ourense non se inclina por Pablo Casado como fai o aparello do PPdeG, é xa un feito público. Baltar lembra que Santamaría gañou en primeira volta, aínda que deixará liberdade de voto aos seus compromisarios.


O presidente da Deputación e do PP de Ourense, José Manuel Baltar, asegurou este martes que non pedirá aos compromisarios da provincia o voto para Soraya Sáenz de Santamaría no congreso extraordinario que servirá para elixir o sucesor de Mariano Rajoy á fronte do partido, aínda que expresou publicamente o seu respaldo á exvicepresidenta na pugna con Pablo Casado.


Sáenz de Santamaría e Baltar nun acto en Ourense

"Non pedirei o voto a Soraya Sáenz de Santamaría. Simplemente, manifesto a miña opinión. Este é un proceso onde a palabra liberdade ten que figurar con letras maiúsculas e cada un sabe moi ben, en razón ao seu criterio, o que escoitou dos candidatos e candidatas que viñeron a Ourense", sinalou aos medios de comunicación nun acto cultural.

BALTAR LEMBRA QUE SANTAMARÍA GAÑOU A PRIMEIRA VOLTA
Con todo, o presidente provincial  manifesta o seu apoio á candidata, que se disputará con Pablo Casado a Presidencia do Partido Popular nas urnas no congreso de finais desta semana. "Despois de escoitar aos dous candidatos, a miña opinión coincide coa maioría da militancia, que o día 5 de xullo apoiou a Soraya Sáenz de Santamaría", destacou.

Sáenz de Santamaría, que na campaña antes da primeira volta das primarias, durante a súa visita a Ourense, proclamou que quería gañar "como gaña Baltar", impúxose nas votacións nesta provincia, mentres que nas outras tres provincias galegas venceu María Dolores de Cospedal.

PARTIDO "MÁIS FORTE"
En calquera caso, José Manuel Baltar subliñou que, "gañe quen gañe", o Partido Popular sairá "máis forte" e "capaz de recuperar o goberno da nación" do que a súa formación foi privada "por un pacto 'antinatura' cunha única pretensión: desaloxar ao PP do poder".

Así, a catro días da celebración do congreso do PP, o presidente da Deputación de Ourense engadiu que o seu voto é "un máis, como o das máis de 3.000 persoas de toda España" que comparecerán en Madrid durante os próximos días.

Galicia contará na cita congresual do venres e o sábado con 327 compromisarios, 279 deles electos, e repartidos da seguinte forma: 84 de Pontevedra, 78 da Coruña, 73 de Ourense e 44 de Lugo.

relacionada O aparello do PPdeG espera que os compromisarios galegos voten ao mesmo candidato
relacionada Golpe para Feijóo, vitoria para Baltar nas primarias do PP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE