Con case 70 anos e o tractor colmado de plantas de marihuana

A. A. G. non se preocupou nin de tapar as 21 plantas de marihuana que transportaba no seu remolque cando lle deu o alto a Garda Civil.


|

A. A. G. non se preocupou nin de tapar as 21 plantas de marihuana que transportaba no seu remolque cando lle deu o alto a Garda Civil.


Un veciño de 69 anos de idade da parroquia de San Cibrao, no municipio ourensán de Oímbra, foi pillado pola Garda Civil cando transportaba nun tractor 21 plantas de marihuana duns 60 centímetros de altura.


Tractor con marihuana cazado en Oimbra
Segundo informou a Garda Civil, axentes de Verín detiveron ás 1,40 horas deste martes a este veciño de Oímbra, que responde as iniciais A.A.G., como presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de drogas.

O detido foi localizado nunha pista forestal próxima ao seu domicilio conducindo un tractor no cal transportaba as 21 plantas de marihuana e que, por tanto, eran visibles no remolque do vehículo agrícola.

Cando observou aos axentes, o agora detido tentou darse á fuga. Unha vez interceptado, relatou aos axentes que ía cambiar as plantas de leira debido a que sabía que localizaran a súa plantación. Leva o caso o Xulgado dous de Verín.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE