A Marea Feminista analiza as violencias machistas nos movementos de esquerdas
O sábado 14 de xullo a Casa do Matadoiro de Santiago de Compostela acolle unha xornada de análise, prevención e deconstrucción das violencias machistas nos movementos de esquerda organizada pola Marea Feminista
Casa do Matadoiro | Imaxe: matadoirocompostela
O sábado 14 de xullo a Casa do Matadoiro de Santiago de Compostela acolle unha xornada de análise, prevención e deconstrucción das violencias machistas nos movementos de esquerda organizada pola Marea Feminista.
A investigadora e activista feminista do País Vasco, Tania Martínez Portugal, será a relatora da xornada 'Tecendo espazos seguros. Activismo e violencia sexista", que comezará ás 11.00h cun coloquio aberto mixto con colectivos, que se continuará pola tarde cun conversatorio non mixto.
"A violencia machista é algo estrutural e que afecta a todos os ámbitos nos que nos movemos, tamén ás organizacións políticas e movementos de esquerdas", di a Marea Feminista nun comunicado. Así, explican que ven necesario traballar para facilitar espazos seguros e igualitarios, "analizando, debatendo e maquinando propostas construtivas para que as violencias machistas non teñan cabida en ningún dos nosos ámbitos".
Marea Feminista convidou a diversos partidos políticos vinculados a En Marea, ademais da todas as deputadas e deputados da formación e diversos colectivos e movementos de esquerda, así como a todas aquelas persoas que estean interesadas na temática.
Escribe o teu comentario