O PP salva á Valedora do Pobo que enchufou a unha sobriña de Fraga
Tras moito amagar, o PPdeG non deixou caer a Milagres Otero. A Valedora do Pobo segue no seu posto a pesar de que esta mañá toda a oposición (En Marea, BNG, PSdeG) votou o seu cesamento.
Tras moito amagar, o PPdeG non deixou caer a Milagres Otero. A Valedora do Pobo segue no seu posto a pesar de que esta mañá toda a oposición (En Marea, BNG, PSdeG) votou o seu cesamento.
A Valedora deu explicacións en Comisión no Parlamento a semana pasada
Alberto Nuñez Feijóo leva unha semana evitando apoiar á Valedora. Con todo, hoxe os conservadores fixeron unha pechada defensa de Otero desde o estrado. Durante o pleno que votou o seu continuidade, a deputada Paula Prado acusou tamén á oposición de manipular a documentación.
Documentación que o TSXG utilizou para sentenciar que a Valedora abusou da súa posición para enchufar nun posto de libre designación a unha funcionaria, irmá de Pedro Puy Fraga, portavoz parlamentario do PPdeG, e sobriña do ex-presidente Manuel Fraga.
DEFENSA DA FAMILIA
Prado defendeu o "digno" labor da Valedora e da súa familia. A deputada argumentou que o PPdeG non vai tomar "decisións firmes" mentres non haxa unha sentenza definitiva.
De paso arremeteu contra as mareas, pola anulación dunha serie de postos de libre designación en urbanismo da Coruña.
Milagros Otero confirmou onte que recorrerá a sentenza. A Valedora nega trato de favor, que os maxistrados consideraron probado.
Escribe o teu comentario