Xornalistas Galegas organízanse para denunciar os contidos machistas
Nace un novo colectivo profesional no sector da comunicación en Galicia. Chámase Xornalistas Galegas e preséntase co obxectivo de defender ás mulleres nos medios e potenciar o feminismo nos contidos.
Nace un novo colectivo profesional no sector da comunicación en Galicia. Chámase Xornalistas Galegas e preséntase co obxectivo de defender ás mulleres nos medios e potenciar o feminismo nos contidos.
O grupo formalizou a súa existencia este sábdo, 7 de xullo, na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. O seu manifesto fundacional busca "integrar a perspectiva feminista no xornalismo" e "defender ás mulleres de todos os ámbitos das ciencias da comunicación". Nel tambén faise fincapé na necesidade dun “xornalismo colectivo e solidario que aúne forzas para o ben común”.
O éxito das mobilizacións do 8 M é unha de sementes desta iniciativo. Por mor daquelas protestas, houbo xa dúas reunións "coa participación directa de máis de 40 mulleres e o apoio de case 200 profesionais da comunicación que por distintos motivos (como o laboral) non puideron facelo presencialmente".
O plan de traballo deste novo colectivo será presentado en detalle tras o período estival.
Escribe o teu comentario