Morto en atropelo múltiple no Rally Sur do Condado

A proba deportiva será suspendida con toda probabilidade. É o segundo morto producto dun atropelo nun Rally en Galicia nos últimos anos.


|

A proba deportiva será suspendida con toda probabilidade. É o segundo morto atropelado nun Rally en Galicia nos últimos anos.




Un atropelo múltiple rexistrado este sábado nun tramo do Rally Sur do Condado saldouse coa morte dun home duns 60 anos de idade e veciño de Salvaterra (Pontevedra), segundo confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil.

O accidente produciuse ao mediodía deste sábado. Un coche participante na proba automobilística sufriu unha saída de vía e arroiou a varias persoas que se atopaban nunha zona prohibida para o público.

O sinistro deixou un falecido, veciño de Salvaterra e duns 60 anos de idade; ademais de varias persoas feridas.

Segundo estas fontes, o público atopábase nunha zona delimitada con cinta vermella, que indica que non está permitido presenciar a pasada dos coches desde ese punto por motivos de seguridade.



Rally sur condado morto accidente

Coche accidentado nunha foto da CRTVG



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE