Persoal de ambulancias en folga encérrase na consellería de Sanidade por un convenio colectivo
Segundo informa a Confederación Intersindical Galega, o persoal do peche demanda unha "solución ao conflito e a implicación da Administración como responsable última do servizo".
Imaxe: CIG
Un grupo de traballadores e traballadoras do sector de ambulancias pechouse na consellería de Sanidade durante a segunda xornada de folga do sector deste mes.
Segundo informa a Confederación Intersindical Galega, o persoal do peche demanda unha "solución ao conflito e a implicación da Administración como responsable última do servizo".
O conflito vén motivado pola negativa da patronal para negociar un convenio colectivo, mentres que as empresas presionan á Xunta para que suba as adxudicacións.
As últimas licitacións coa entrada do gran operador estatal Ambuibérica levou ás operadoras galegas a axustar o orzamento, ata o punto de que advirten que o servizo non é rendible. A Xunta, pola súa banda, non toma cartas no asunto e deixa a resolución do conflito ás empresas coas súas empregadas e empregados.
Escribe o teu comentario