A Fiscalía admite a trámite unha demanda por "incompatibilidade de funcións" contra o alcalde de Monterrei

O grupo municipal Veciños de Monterrei interpuxo unha demanda contra o alcalde do municipio, José Luis Suárez Martínez, por presunta incompatibilidade de funcións


|

Alcalde monterrei jose luís suarez


O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense admitiu a trámite o recurso interposto polo grupo municipal Veciños de Monterrei contra o alcalde do municipio, José Luis Suárez Martínez, por presunta incompatibilidade de funcións


Segundo o grupo municipal, o secretario de Monterrei "posúe intereses directos en empresas que foron contratadas de forma regular e frecuente polo Concello", feitos que denunciou en Pleno municipal e ante a Fiscalía Provincial de Ourense. 


Suárez formaría parte, segundo explica Veciños de Monterrei, como socio e conselleiro dunha empresa mercantil á que o concello contrataría o aluguer de vehículos e a reparación de utilitarios da súa titularidade. A pesar de que, segundo expón o grupo, a Fiscalía non observou indicios penais no asunto denunciado, "podería ser obxecto de incompatibilidade". 


A portavoz de Veciños de Monterrei, Carmen Soa, destacou que "o incumprimento das normas sobre incompatibilidades pode ser castigado coa separación do servizo, suspensión de funcións ou traslado". Soa esixe "responsabilidades políticas" ao alcalde de Monterrei. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE