A Coruña suspende en case todos os servizos municipais

|

A coruu00f1a


Os servizos urbanos da cidade da Coruña están suspensos, cun índice de satisfacción do 49%. Segundo o Barómetro do Observatorio de Servizos Urbanos (OSUR), o único servizo co que está contenta a cidadanía é a subministración de augas, cun índice do 72%.


OSUR, que enquisa a máis de 5.250 persoas de entre 18 e 79 anos nas 30 cidades máis poboadas do estado, destaca que A Coruña atópase por baixo da media nacional cun 27% de insatisfacción, lonxe do 62% de cidadáns e cidadás satisfeitas e o 21% de insatisfeitas a nivel nacional.


A peor nota lévanlla o transporte público e o coidado de parques e xardíns. En ambos, o nivel de satisfacción é do 44%. Se desagregamos cada categoría, o estado de limpeza e conservación dos vehículos consegue un aprobado do 65%, seguido da comodidade ao realizar os traxectos (54%), e a frecuencia dos horarios (50%).


En canto a parques e xardíns destaca o nivel de insatisfacción do 40%. O coidado das zonas verdes (55%) consegue superar o 50%, pero e a presenza de persoal de mantemento e o equipamento dos parques carrexan un 53% e un 44% de insatisfacción respectivamente, o que os converte en os aspectos que máis opinións negativas xeran.


A dotación e equipamento para a prestación do servizo (57%), a frecuencia da limpeza (50%) e a limpeza das rúas e beirarrúas (50%) son os aspectos mellor considerados en canto a limpeza viaria, que suspende en xeral cun 46%.



A recollida de lixos consegue o aprobado do 56% da cidadanía coruñesa, cunha gran acollida (90%) da frecuencia do servizo de recollida. Doutra banda, a subministración de auga obtén un 72%, cun 90% de satisfacción ao falar da calidade da auga; un 86% na ausencia de cortes, presión e bo funcionamento de contador; e un 63% de satisfacción en rede de sumidoiros. Os datos da subministración rompen coas baixas notas ofrecidas polos e as coruñesas, situando o a calidade da auga entre as mellores de España.


Así as cousas, o director xeral de OSUR, Ramiro Aurín, recoñece que a forma das entrevistas inflúe no resultado. "Se analizamos os números con detalle, os resultados agregados das respostas ás preguntas máis concretas son mellores (máis positivos) que os expresados a pregunta máis xenéricas. É dicir, a análise racional mellora a primeira impresión emocional", explica. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress