Demandan ao Sergas polas restricións nas vacacións do persoal de enfermería

O sindicato SATSE demandou ao Sergas por impoñer restricións nos permisos e vacacións de 2018 do persoal de enfermería da área Sanitaria de Vigo


|

Enfermeiros


O Sindicato de Enfermería, SATSE, interpuxo unha demanda contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao coñecer a resolución da Xerencia da área Sanitaria de Vigo sobre as vacacións  e permisos do 2018. Segundo explica o sindicato nun comunicado, a xerencia impuxo varias restricións aos descansos do persoal de enfermería. 


A organización sindical acusa ao Sergas de impoñer "de forma unilateral" as condicións, sen consultalas coa Xunta de Persoal ou a Organización Sindical. "Impídeselles solicitar as súas vacacións para a súa goce a partir do 15 de decembro de 2018", din. Tampouco poderán  solicitar permisos sen soldo para formación e congresos durante o período de verán e o nadal. 


SATSE critica a actuación da xerencia, unha "situación anómala" que, segundo explican, "dáse só na Xerencia de Vigo". "Prodúcese un auténtico agravio comparativo entre os profesionais de Enfermería e Matronas adscritos á mesma, respecto dos seus compañeiros pertencentes ás demais Áreas de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia", denuncian. 


Por iso, solicitan á xerencia que "modifiquen as instrucións" para que o persoal de enfermería poida gozar das súas vacacións tamén desde o 15 ao 31 de decembro e gozar de permisos, "sen prexuízo de que por falta de persoal" poida decidirse outra cousa, "tal e como se veu facendo ao longo do tempo en momentos con limitacións". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE