Localizan en Santiago á peregrina desaparecida en Melide
Dous mozos que acudían ao festival O Son do Camiño localizaron en Santiago de Compostela á peregrina austriaca que desaparecera na tarde deste xoves en Melide.
Dous mozos que acudían ao festival O Son do Camiño localizaron en Santiago de Compostela a a peregrina austriaca que desaparecera na tarde deste xoves en Melide.
Segundo informaron fontes policiais, a muller foi localizada en Santiago por dous mozos que acudían aos concertos, que a entregaron a unha patrulla da Policía Local. Posteriormente, foi trasladada á Policía Nacional.
Caroline Turk, unha muller austriaca de 72 anos, desapareceu na tarde deste xoves no municipio coruñés de Melide, mentres realizaba un tramo do Camiño de Santiago. A muller realizaba a ruta cun grupo de persoas da súa mesma nacionalidade.
A última vez que a viron, en Melide, a muller dixo que sentía indisposta e asegurou que pararía a tomar un café nun bar da zona do Couto e que, posteriormente, collería o bus de apoio que levaba a excursión, algo que non chegou a ocorrer.
Escribe o teu comentario