As familias galegas perden 350 euros ao ano polos altos prezos do carburante

Un estudo realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) concluíu que o poder elixir gasolineira supón un aforro entre 240 a 330 euros dependieno da comunidade. O prezo do carburante en Galicia é un dos máis altos do Estado. 


|

IMG 20180628 WA0003


Galicia é a terceira comunidade co prezo gasóleo máis alto de España, só por detrás de Asturias e Baleares, e o segundo máis alto en gasolina. Segundo o informe do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Social de abril, o combustible custa unha media de 119.6 céntimos por litro no caso do gasóleo e 129.7 na gasolina. 


A Asociación Nacional de Estacións de Servizo Automáticas (Aease) presentou este xoves as cifras de gasto na comunidade, onde concluíron o diñeiro de máis que se gasta cada familia galega en carburante. "Se comparamos Galicia con Barcelona ou Valencia, que son as que menos pagan en carburante, vemos que os galegos perden poder adquisitivo debido aos altos prezos do carburante", explicou o presidente da Aease, Manuel Jiménez Perona. 


Segundo  a asociación, existe unha relación directa entre o número de estacións de servizo automáticas e o prezo. A explicación vén dada por dous factores: por unha banda, as gasolineiras tradicionais tenden a baixar os prezos para competir coas automáticas; por outro, o prezo nestas novas estacións é máis baixa -uns 10 céntimos por litro de media-. 


Así as cousas, a partir dun estudo realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), a Aease conclúe que o poder elixir gasolineira supón un aforro de entre 240 a 330 euros dependendo da comunidade. Afirman que a falta de competencia no sector custa en Galicia máis de 350 euros ao ano, máis de 2.800 desde 2010.


Aease identifica os impedimentos para abrir o sector: as trabas que poñen os concellos e a propia Xunta. "Este comportamento da Xunta ten un paralelismo case milimétrico co dalgunhas comunidades autónomas, que promulgaron normas de diferentes rango, co único fin de poñer trabas á expansión deste modelo de negocio esixindo, sen motivación algunha, a presenza de persoal nas estacións desatendidas", conclúe Jiménez Perona. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE