O edil de Pontevedra (BNG) contra a "vacua consigna do independentismo importada de Cataluña"
A de Lores é a maior historia de éxito electoral do nacionalismo galego. Por iso as súas palabras hoxe, ante boa parte da cúpula do Blouqe e da UPG, críticas contra os que mimetizan as reivindicacións cataláns e defenden as remunicipalizaciones a calquera custo son especialmente relevantes.
A de Lores é a maior historia de éxito electoral do nacionalismo galego. Por iso as súas palabras hoxe, ante boa parte da cúpula do Bloque e da UPG, críticas contra os que mimetizan as reivindicacións cataláns e defenden as remunicipalizaciones a calquera custo, son especialmente relevantes.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), defendeu este xoves un modelo político no que "se adopten as solucións que Galicia necesita e non as que estean de moda", e rexeitou, entre outras posicións, a "vacua consigna do independentismo importada de Cataluña".
Lores na súa comparecencia
NON A "SOLUCIÓNS IMPORTADAS"
Así o proclamou o rexedor pontevedrés durante a súa intervención nun almorzo coloquio organizado por Forum Europa en Vigo, no que foi presentado polo avogado Nemesio Barxa, e ao que asistiron, entre outros, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; varios alcaldes e concelleiros nacionalistas da provincia; empresarios; e representantes de colectivos.
O alcalde de Pontevedra apostou por un modelo para Galicia no que as políticas "se axusten ás necesidades previsibles", fronte a actuacións "sobredimensionadas" que supoñen "malgastar recursos públicos". A ese respecto, sinalou que hai "suficiente intelixencia colectiva" en Galicia para tomar decisións adecuadas, "pero isto require aprender de todo o mundo", e non aplicar o "mimetismo" ou "solucións importadas".
Nese aspecto, Fernández Lores renegou do "europeismo acrítico", da "totémica remunicipalización" cuxa viabilidade legal "ninguén demostrou", ou da "vacua consigna do independentismo importada de Cataluña". "Se nos dedicamos a copiar solucións de forma acrítica, demostraremos que non temos fe na capacidade de Galicia", sentenciou.
NON VE OUTRA ALTERNATIVA QUE O BNG
Paralelamente ao futuro de Galicia, o alcalde de Pontevedra referiuse ao futuro do BNG, unha formación que, nos últimos tempos, "deu un cambio radical" para "centrar a súa mensaxe, e preocuparse de si mesma e non doutros". "Está a recobrar o pulso e creo que non hai alternativa ao BNG", proclamou.
A ese respecto, sinalou que a elección de Ana Pontón foi unha "decisión estratéxica" e "acertada", que contrapuxo a outras posibles eleccións "máis tacticistas" que fosen "un erro estratéxico descomunal".
Ademais, expresou o seu desexo de que a formación nacionalista avance "evitando cantos de sirena, o tacticismo ramplón e o ideologismo principista".
Escribe o teu comentario