España empata co VAR ante Marrocos e clasifícase primeira de grupo (2-2)
Un gol de Iago Aspas no tempo de desconto cun gol que concendió o VAR evitou a derrota.
Foto de o Twitter oficial da Selección Española de Fútbol.
A Vermella non pasou do empate (2-2) coa selección de Marrocos e quedou segunda de grupo.
A selección de España xogou ante Marrocos o último partido da primeira fase do Mundial de Rusia.
O equipo que dirixe Fernando Hierro necesitaba só un empate para clasificarse para os oitavos de final ante un combinado marroquí que xa que estaba eliminado.
Un gol de Iago Aspas no tempo de desconto cun gol que concendió o VAR evitou a derrota.
Pasado o minuto 90, España caía 1-2 e atopou un tacón salvador de Iago Aspas, anulado inicialmente e posteriormente concedido polo VAR.
Minutos despois, no Irán-Portugal, o videoarbitraxe daba tamén un penalti aos de Carlos Queiroz, que non anotaban o empate e daban o primeiro posto e o cruzamento coa anfitrioa aos españois, que deberán agora centrarse en recuperar unha mellor versión futbolística que ameazou con aparecer unicamente no debut.
A Vermella tivo un partido cheo de altibaixos. Nunca atopou o seu mellor fútbol, ausente de velocidade en case todo momento, e Munir non tivo que traballar en exceso ante a falta de novo dun ataque solvente porque a liña de medios non termina de render ao nivel da fase de clasificación. E o mesmo pódese dicir dunha defensa e unha portería que parece en ocasións demasiado nerviosa a pesar de non ter enfronte ataques poderosos.
A segunda parte non trouxo excesivas boas noticias. España mantivo o control, pero, máis lenta no seu xogo e con perda da efervescencia de Isco, custoulle atopar o camiño cara á portería de Munir e a mellor opción foi para o equipo de Hervé Renard.
Iago Aspas e Marco Asensio, por Diego Costa e Thiago, única novidade no once, respectivamente, foron os dous primeiros cambios para buscar o gol do triunfo ante un rival que vivía cómodo e que non perdoaba a súa opción, esta vez nun saque de esquina. En-Nesyri elevábase por encima de Sergio Ramos para facer o 1-2.
Nunha xogada illada, España sacou un saque de esquina e Aspas estivo listo para, co suspense do VAR, rabuñar un empate con sabor a ouro tras o tanto de Ansarifard, pero que non esconde a necesaria mellora para seguir na aventura rusa.
Escribe o teu comentario