Prevén que as rebaixas de verán cren máis emprego este ano

Ata un 16% máis de contratos poderíanse asinar este 2018 durante as rebaixas de verán, segundo cálculos dunha das principais ETTs do mercado.


|

Ata un 16% máis de contratos poderíanse asinar este 2018 durante as rebaixas de verán, segundo cálculos dunha das principais ETTs do mercado. 


Rebaixa, rebaixas, compra, compras, comprar, comprando


A empresa de traballo temporal Adecco  estima que estas rebaixas de verán xeren a nivel estatal 179.875 contratos, o que supón un 9% máis que un ano atrás. Na autonomía galega calcula asinaranse 8.444 contratos, un 16% máis que en 2017.


A ETT estima que Galicia será a oitava autonomía que máis contratos asinará nesta campaña e será a terceira rexión co maior incremento interanual, tras  Aragón (24%) e Murcia (22%).


En canto ás provincias que máis emprego xerarán en Galicia, será Pontevedra a que encabece o ránking cos seus 3.735 contratos. Séguelle moi de preto A Coruña, con 3.700. Como era de esperar, serán Ourense (526) e Lugo (483) as provincias nas que a campaña de rebaixas terá un menor impacto.


POSTOS NOS QUE AUMENTA A DEMANDA DE TRABALLADORES

A distribución e o retail levan boa parte dos postos de traballo que se xeran nesta época en Galicia, explica Adecco nun comunicado.  Unha oportunidade para econtrar un emprego temporal porque a demanda de axudantes de dependentes, repoñedores ou mozos de almacén aumenta considerablemente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE