Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial, denuncia A Mesa
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial "amparándose na súa política de empresa"
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial "amparándose na súa política de empresa".
Nun comunicado, a asociación que defende o galego asegura que a Wikipedia, que ten como lema "a enciclopedia libre que calquera pode editar", prohibe corrixir a "toponimia deturpada en casos como Arteijo, Tuy, Ordes ou Rianjo".
"Cando procedemos a editar os topónimos deturpados, desde Wikipedia volven cambialos" ao asegurar que "contraveñen a política oficial TOES", sinala A Mesa que lembra que a Lei de Normalización Lingüística recolle no seu artigo 10 que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega".
Respecto diso, o presidente da asociación lembrou que "non empregar a forma oficial dos topónimos é unha discriminación" e "un ataque directo cara á lingua galega".
Ademais, advertiu de que o da Wikipedia "non é un caso illado" xa que "grandes empresas como Google" tamén utilizan topónimos "deturpados" e "vulneran os dereitos lingüísticos".
Escribe o teu comentario