A Coruña, sede do Campionato de Europa de hockey sobre patíns

A cidade acolle a presentación do Campionato de Europa de hockey sobre patíns, que se celebrará tamén na Coruña entre o 14 e o 22 de xullo. 


|

Hockey patíns federacion

Imaxe: Real Federación Española de Patinaxe


Este xoves 14 de xuño o Concello da Coruña acolle a presentación do Campionato de Europa de hockey sobre patíns. O acto, que terá lugar ás 12.00h, abre a conta atrás da celebración do campionato, que se celebra tamén na cidade herculina entre o 14  e o 22 de xullo. 


O presidente da Real Federación Española de Patinale, Carmelo Paniagua; o presidente do comité Europeo de hockey patíns (CERS-RH), Fernando Graça; e o concelleiro de deportes do Concello, José Manuel Sandé, entre outras persoas, serán os encargados de presentar a competición europea. 


As entradas xa foron postas á venda o pasado martes 12, con prezos entre os 5 euros, para menores de 12 anos, ata os 30, que corresponden á final que se celebra o domingo 22 de xullo. Será a primeira vez que A Coruña acolla un certame continental, aínda que non é a primeira vez que é sede deportiva de hockey: en 1972 e 1988 a cidade foi sede do Campionato do Mundo. 


Nesta edición, a quincuaxésima terceira, participan dez selecciones nacionais máis que na anterior, o que significa que será a competición con máis equipos nun Europeo desta categoría desde a celebración en Funchal na illa de Madeira (Portugal) en 1994

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE