Novas axudas para os autónomos a piques de convocarse

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou dúas novas medidas que a Xunta poñerá en marcha "nas próximas semanas" para apoiar aos autónomos.

|

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou dúas novas medidas que a Xunta poñerá en marcha "nas próximas semanas" para apoiar aos autónomos.


Mesa do autónomo, co conselleiro Conde

Anunciouno, en declaracións aos medios de comunicación, tras participar na sexta mesa do emprego autónomo, en Santiago. Segundo indicou, as axudas serán convocadas proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Ademais, Conde informou das campañas de formación en prevención de riscos laborais que desenvolve o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

DEIXAR O NEGOCIO AOS FILLOS
En primeiro lugar, a nova orde de axudas á substitución xeracional promoverá a transmisión nos negocios dos traballadores por conta propia que estean próximos á idade de xubilación, explicou, antes de chamar a atención sobre que, na actualidade, en Galicia, máis do 30% dos autónomos galegos sitúase por encima dos 55 anos.

Este programa ofrecerá asesoramento no traspaso da actividade económica se o traballador conta con 63 anos ou máis, ten unha declaración de incapacidade total ou se se trata dun herdeiro no caso de falecemento do titular da empresa.

"Facilitaremos a intermediación para identificar as condicións óptimas do traspaso e para facilitar os plans de formación do novo autónomo", expuxo Conde.

VOLVER A EMPRENDER
Con respecto ao segundo programa, de axudas para unha "segunda oportunidade", o titular de Economía apuntou que o obxectivo é que todo autónomo que queira reemprender un negocio poida facelo adquirindo un compromiso de formación.

Así, esta liña centrarase na formación para que os beneficiarios poidan afrontar a nova actividade con garantías e incluirá un bono específico para investimentos que lles permita afrontar as novas necesidades.

Os apoios serán compatibles con outros programas que a Xunta ten a disposición deste colectivo, que o conselleiro identificou como "columna vertebral" da economía.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE