A veciñanza de Coruxo concéntrase para recuperar o seu servizo de pediatría

Segundo as asociacións o servizo de pediatría, que atende a "máis de mil nenas e nenos" das parroquias de Saiáns, Oia, Comesaña e Coruxo, é necesario para "dar resposta" a unha das áreas con poboación máis nova do concello


|

Pediatra


A Asociación de Veciños de Coruxo concentrouse este martes ás 9.00h xunto coa Asociación de Nais e Pais dos colexios da área sur do concello de Vigo, a Asociación de Veciños de San Miguel de Oia e a de Saiáns para denunciar o peche de pediatría no Centro de Saúde de Coruxo


Segundo as asociacións o servizo de pediatría, que atende a "máis de mil nenas e nenos" das parroquias de Saiáns, Oia, Comesaña e Coruxo, é necesario para "dar resposta" a unha das áreas con poboación máis nova do concello, segundo expoñen, e que cobre "unha zona suficientemete frande como para ter en conta a súa importancia".

 

A veciñanza de Coruxo decidiu pedir unha reunión con responsables da Xerencia da área Sanitari de Vigo ante as sospeitas do peche de pediatría -declaran que percibiron limitacións na axenda médica, non renvación de contratos do persoal...-, e no encontro do pasado 4 de xuño, segundo expoñen nunha carta dirixida ao Valedor do Pobo, "déusenos a entender de forma subrepticia que o peche deste servizo era unha decisión firme e inminente".


Demandan a recuperación do servizo de pediatría, xa que, en caso contrario, as persoas usuarias serían dirixidas a o Centro de Saúde de Navia, "xa saturado pola recente centralización de servizos". Outra desvantaxe sería o acceso ao centro de saúde. Segundo a Asociación de Veciños de Coruxo, o traslado a Navia "implicaría grandes dificultades para os residenes en Oia e Saiáns, que non terían transporte urbano directo cando na actualidade poden chegar en menos de 10 minutos coa liña 11 do autobús".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE