Demoledores informes dos técnicos da Xunta sobre a mina de Touro

A asociación ecoloxista ADEGA publicou os informes de varios departamentos da Xunta sobre a polémica mina de Touro - O Pino. En todos eles identifícanse numerosos aspectos negativos ou deficiencias na documentación. Aínda que a Xunta non tomou aínda unha decisión definitiva, os argumentos dos técnicos poderían ser a base para que a administración rexeitase o proxecto que promove a multinacional Atalaya Minning.


|

A asociación ecoloxista ADEGA publicou os informes de varios departamentos da Xunta sobre a polémica mina de Touro - O Pino. En todos eles identifícanse numerosos aspectos negativos ou deficiencias na documentación. Aínda que a Xunta non tomou aínda unha decisión definitiva, os argumentos dos técnicos poderían ser a base para que a administración rexeitase o proxecto que promove a multinacional Atalaya Minning.



Efectos actividade mineira no río Portapego (Touro)

Río Portapego, contaminado pola actual mina


Así, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, advirte que a "reapertura de mina de cobre (...) pode afectar gravemente á gandería da zona se chegan a contaminarse os terreos derivados desa actividade ao poder ocasionar unha intoxicación por cobre da gandería".


O Servizo de Montes de Medio Rural cualifica de "dificilmente viable" a promesa de Cobre San Rafael -a empresa galega que tramita a mina- de rexenerar o terreo. Este departamento lembra que unha explotación mineira non está contemplada para a actual cualificación urbanística do terreo.


Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública identifícanse numerosas carencias na proposta da mineira. Por exemplo, a promotora non identifica a poboación afectada, nin os usos da auga, nin avalía a posible contaminación por gas radón. Ademais, apunta a que "o plan de rehabilitación e peche non contén información detalla referente ao mantemento dos sistemas para o control e tratamento de drenaxes acedas".


A Dirección de Patrimonio Natural redacta un dos informes máis críticos. Así, sinala "incongruencias" nas medidas para tomar unha vez que conclúa a vida útil da mina. A promesa de depurar todas as augas "non se corresponde coa realidade, ao ser inevitables as filtracións".


Por último, Augas de Galicia informa que a documentación presentada "resulta ser insuficiente e non adecuada para emitir, en base a ela, unha correcta valoración de todas as posibles afeccións".


QUE PODE FACER A XUNTA?

É prematuro asegurar que fará o Goberno Galego con estes informes sobre a mesa, aínda que parece moi complicado que outorgue luz verde xa a un proxecto con tales deficiencias. Unha alternativa é que conceda máis tempo a Atalaia Minning para emendar os defectos.


Os ecoloxistas de ADEGA téñeno claro, invocando unha "previsible" Declaración de Impacto Ambiental Negativa. Este domingo miles de cidadáns percorrerán as rúas de Santiago para demandar o rexeitamento ao proxecto.


Mina touro reunion vilagacia 2

Reunión en Arousa contra a mina


Descargas









relacionada A promotora da mina de Touro denuncia "sabotaxes" a poucos días da manifestación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE