Esixen unha investigación a Galaria tras negarse a realizar tacs a pacientes de oncoloxía

CESM declara que a empresa pública Galaria "se negou a facer as probas de radioloxía que necesitaban 14 pacientes, algúns deles con cancro e xa citados para acudir á consulta a próxima semana" no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o pasado martes


|

Chuvicat

O pasado martes a empresa pública Galaria "se negou a facer as probas de radioloxía que necesitaban 14 pacientes, algúns deles con cancro e xa citados para acudir á consulta a próxima semana" no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Esta é a situación que describe a Delegación en Galicia da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), que esixe unha investigación para aclarar este "lamentable" feito. 


O delegado sindical de CESM na área Sanitaria de Vigo, Manuel Neto, cualificou a negativa de Galaria de "asunto grave" que afecta á dignidade e á atención dos pacientes. Segundo a información da que dispoñen, 14 tacs estaban programados para o martes, pero "a Dirección Técnica de Galaria ordenou ao radiólogo encargado de levala a cabo que non fixese esas probas e que se dedicase a facer resonancias magnéticas", explica a confederación nun comunicado. 


Ante isto, a radióloga do Chuvi "informou á subdirectora de procesos de soporte da xerencia, quen deu a orde de levar os volantes" a Galaria, pero a súa directora técnica "negouse a recepcionar os volantes e a realizar as probas", segundo CESM. Ao fío do comunicado do sindicato, finalmente levaron a cabo as probas "a dous pacientes que estaban presentes e anuláronse as outras 12". 


A organización sindical cualifica de "intolerable" esta actuación, e lamenta que o Sergas faga "oídos xordos" ante o "conflito existente entre Galaria e o Servizo de Radioloxía do Chuvi" . Demandan a integración por completo de Galaria no Sergas para evitar "insubordinacións e bicefalias". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE