Máis de 177.000 quilos de alimentos no 'Maio solidario' de Gadis

A edición de 2018 de 'Maio solidario' saldouse con máis de 177.000 quilos de alimentos non perecedoiros, un récord nos seis anos nos que se levou a cabo a campaña. 


|

GADIS ENTREGA MAIO SOLIDARIO


Supermercados Gadis recolleu 150.600 quilos de alimentos non perecedoiros durante a campaña 'Maio solidario', un 8,5% máis que en 2017, e que xunto aos 27.200 quilos da súa achega directa, marcaron un novo récord na sexta edición da campaña. Así, 177.800 quilos de alimentos hanse distribuído a 12 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León. 


A compañía relaciona a mellora ao chamamento de Gadis, "apoiado pola xenerosidade dos seus clientes e a implicación tanto dos voluntarios dos bancos de alimentos como dos seus empregados", aseguran nun comunicado. Tamén aumentou o número de organizacións coas que colabora, "para abarcar o maior número de persoas posible, sempre baixo o obxectivo de lograr unha maior eficacia e equidade na repartición", subliñan. 


No últimos seis anos, 'Maio solidario' recadou un total de 804.500 quilos, unha campaña enmarcada no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE