Quirónsalud instalará en Madrid o primeiro centro de terapia de protóns de España
O pioneiro centro en Pozuelo de Alracón contará coa última tecnoloxía baseada en protóns para o tratamento dalgúns tipos de cancro.
O Grupo Quirónsalud instalará no municipio madrileño de Pozuelo de Alarcón o que será o primeiro centro de terapia de protóns. Este centro, pioneiro en España, entrará en funcionamento en 2019 cun investimento de uns 40 millóns de euros.
O centro estará aberto a pacientes procedentes tanto da sanidade pública como privada, e os seus profesionais traballarán de forma coordinada cos médicos de referencia dos pacientes.
Trátase dun centro pioneiro que contará coa última tecnoloxía baseada en protóns para o tratamento dalgúns tipos de cancro. Unha tecnoloxía única que en Europa só está presente en 20 centros situados en países como Italia, Francia ou Alemaña.
Grazas ás propiedades físicas dos protóns, a protonterapia é a técnica de radioterapia máis avanzada para tratar algúns tipos de cancro; o seu eficacia é igual ou superior á radioterapia convencional pero con menores efectos secundarios.
Entre os seus beneficios destacan a mínima -mesmo nula- radiación nos arredores do tumor, unha menor dose total de radiación por tratamento, ausencia de tumores secundarios á radiación, así como a mellora da calidade de vida do paciente.
Aplicados en doses específicas, os protóns poden actuar con precisión no interior dos tecidos e conseguir unha maior actividade antitumoral, así como xerar un menor dano no tecido san, o que fai deste tipo de terapia especialmente indicada en pacientes pediátricos.
CALIDADE E SEGURIDADE
"A aposta de Quirónsalud pola protonterapia é froito da nosa preocupación pola calidade e a seguridade na atención aos nosos pacientes e un exemplo da nosa continua innovación nos tratamentos e técnicas utilizados para mellorar a calidade de vida das persoas", destacou Leticia Moral, directora xeral de Asistencia, Calidade e Innovación de Quirónsalud
"Este novo equipamento permitiranos desenvolver nun novo campo o noso labor de investigación e desenvolvemento, asegurando ademais que contaremos cos profesionais máis destacados", engade.
AMPLO CAMPO DE APLICACIÓN
O sistema de terapia de protóns adquirida por Quirónsalud -ProteousOne- é un sitema único e compacto de trataento que, a diferenza de outros sistemas de terapia de protóns,
reúne nunha soa sala multifuncional toda a tecnoloxía necesaria prara o tratamento da PTR nun centro oncolóxico.
Este equipamento incorpora un sistema de escaneado do tumor para facilitar ao médico a aplicación da dose máis adecuada en cada área para tratar, e conta cos sistemas máis avanzados para a toma de imaxes.
Ademais, a máquina pode virar 360 graos sobre o paciente, aplicando o feixe de protóns desde calquera ángulo.
A terapia de protóns está indicada en máis do 15% dos pacientes sometidos a radioterapia.
Segundo algúns estudos internacionais e evidencias científicas, este tipo de terapia sería tratamento de elección en cordoma e condrosarcoma, melanomas intraoculares non adecuados para a braquiterapia de placa e tumores en nenos e adolescentes, craneoespinal, glioma de baixo grao, ependimoma, craneofaringioma, tumores de células germinales, tumores de hipófisis e tumores pineales, rabdomiosarcoma, sarcoma de Ewing, sarcomas de pelvis e linfoma mediastino, entre outros.
Escribe o teu comentario