Rajoy abandona o liderado do PP, pero non inmediatamente

A carreira para que Alberto Nuñez Nuñez Feijóo lidere o PP estatal está, por tanto, en marcha.


|

"Durante 37 anos servín ao partido en toda clase de cargos. Chegou de poñer punto final a esta etapa. O PP debe seguir avanzando", declarou Mariano Rajoy este mediodía.


Rajoy dimite


O político de Pontevedra adiantou que haberá Congreso Extraordinario do PP, pero sen concretar calendario. Rajoy prometeu que non influirá na liña do PP ata entonces, para deixarlle mans libres ao seu sucesor.  Unha vez elixido novo líder, prometeu "lealdade" e poñerse á orde do próximo presidente do PP.


A carreira para que Alberto Nuñez Nuñez Feijóo lidere o PP estatal está, por tanto, en marcha. O presidente da Xunta parte en teoría como gran favorito para ser o sucesor, o que á súa vez abre incógnitas sobre unha posible substitución no Goberno Galego e no propio PPdeG.


Nunha comparecencia ante os medios tras a reunión do comité executivo nacional Tajoy anunciou un congreso extraordinario para escoller a un novo presidente do PP.


Rajoy destacou sobre o novo presidente, Pedro Sánchez, que "vai gobernar alguén que non gañou as eleccións", e insistiu na idea: "Perdeu as eleccións e non por unha diferenza curta".


Desde a sede do PP en Madrid, Rajoy destacou que este "estigma" de perder electoralmente "acompañaralle desde o primeiro minuto da súa existencia e ata o final".


Na súa opinión, o PSOE "lapidaou a súa herdanza" ao ir acompañado con "pésimos compañeiros de viaxe: os independentistas de Catalunya e Bildu".


Por iso, o expresidente remarcou que mentres os españois apoian ao PP son os adversarios políticos "acirrados polo populismo" que censurou aos populares. "Esa é a nosa tranquilidade e a nosa forza", engadiu.


Rajoy indicou que nin as alianzas entre outros partidos nin os "socios desleais", en referencia a Cidadáns, poden substituír a vontade dos españois nas urnas.


Neste sentido, aventurou un goberno do socialista Pedro Sánchez con "debilidade" e "inestabilidade".


Sobre Catalunya, destacou que se hoxe hai Goberno catalán sen consellers no estranxeiro ou en prisión foi grazas tamén ao Partido Popular e á aplicación do artigo 155 da Constitución na comunidade autónoma.


Tamén destacou que co mandato dos populares a economía española logrou anos de crecemento e creación de emprego, e esgrimiu datos do paro e do Produto Interior Bruto (PIB).


Sostivo que, a pesar dos casos de corrupción, gañaron as eleccións durante os últimos anos e prometeu que o PP seguirá dando "batalla" nos próximos comicios.


Subliñou que o PP apartou a cargos do partido como consecuencia dos casos de corrupción e que foi "esixente" contra a corrupción a pesar de que non foi suficiente para a oposición. Precisamente Sánchez presentou a moción de censura contra Rajoy como consecuencia da sentenza da trama de corrupción Gürtel que condenaba ao PP.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE