Avanza o convenio de Navantia a pesar de que a empresa busca "recortar dereitos sindicais"

Miles de traballadores en comarcas como Ferrolterra están pendentes do resultado das negociacións do que sería o primeiro convenio colectivo único da compañía de estaleiros militares públicos. O mércores houbo desacordos pero tamén avances e hoxe xoves retómase o diálogo.


|


Miles de traballadores en comarcas como ¨Ferrolterra están pendentes do resultado das negociacións do que sería o primeiro convenio colectivo único da compañía de estaleiros militares públicos. O mércores houbo desacordos pero tamén avances e hoxe xoves retómase o diálogo.


Traballadoresnavantia

Traballadores de Navantia


Integrantes da dirección de Navantia e representantes sindicais dos comités de empresa da compañía estatal naval mantiveron este mércores un encontro intensivo, de mañá e tarde, para tratar de avanzar na negociación do convenio colectivo único, que a entidade pertencente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) quere instauran nos sete centros de traballo que ten repartidos pola baía de Cádiz, ría de Ferrol, Cartaxena (Murcia) e Madrid.


PROPOSTA COMÚN DOS SINDICATOS

O presidente da coordinadora unitaria de comités de empresa, Javier Galán (CC.OO.), asegurou, en declaracións a Europa Press, que á dirección de Navantia entregáronlle " un documento" que previamente acordaran " a representación sindical". Trátase de "unha proposta de doce puntos que foi estudada tras un receso polos responsables de recursos humanos", explicou.


O tamén presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol manifestou que "existen algúns puntos" nos que lles "trasladan que están de acordo e outros nos que non".


A estimación da parte sindical, unha vez analiza a proposta da compañía, é que o obxectivo da dirección é "recortar dereitos sindicais". "Quedamos emprazados para continuar coas negociacións", destacaron.


TRABALLAR NOS PUNTOS QUE OS SEPARAN

Galán remarcou que o obxectivo agora é "deixar aparcados certos puntos" nos que xa teñen "lograda una certa sintonía, sen ter aínda un acordo ao 100%". "E que entendemos que non van ser problema para pechar a negociación, concretamente en cinco deles", sostivo.


Por iso, centraranse "naqueles artigos" que lles "separan, algúns deles moi importantes". "Algo que afrontaremos esta mañá", comentou en alusión ao encontro que teñen previsto iniciar ás 9,30 horas deste xoves na sede central da empresa, na rúa Velázquez de Madrid, e cuxa finalización está programada para as 14,00 horas, para emprazarse de novo ambas as partes para continuar coas negociacións na próxima semana.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE