Gas Natural Fenosa redefine a súa estrutura organizativa para dotar aos negocios de maior autonomía

|

IsidoFaine FranciscoReynes RafaelVillaseca fenosa

Francisco Reynés (no medio) con accionistas da compañía | Imaxe: Fenosa


A compañía Gas Natural Fenosa ha redefinido a súa estrutura organizativa para impulsar o Plan Estratéxico 2018-2020, que se presentará o próximo me de xuño. 


A nova xestión de Fenosa, segundo explicaron nun comunicado, dota ás unidades de negocio de "plena responsabilidade no seu ámbito de actuación", adecuando a organización "ás necesidades da compañía". 


"Esta nova estrutura simplifica e axiliza a xestión de Gas Natural Fenosa, co obxectivo de dotar aos negocios de autonomía no seu ámbito de actuación e contar cunha organización adaptada aos retos aos que nos enfrontamos como multinacional enerxética nun mundo cada vez máis competitivo e dixitalizado", explica o presidente executivo, Francisco Reynés. 


Así, a compañía dividirase en Negocio Gas & Electricidade, Negocio Infraestruturas España & EMPL, Negocio Infraestruturas Latinoamérica Zona Sur, e Negocio Infraestruturas Latinoamérica Zona Norte, pasando de seis unidades de negocio a catro. Cada unha, segundo informa a empresa, dispoñerá dos recursos necesarios para unha xestión autónoma, e responsabilizaranse de maximizar o free-cash-flow  e potenciar o desenvolvemento orgánico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress