Comeza a gravación de 'Port', o primeiro programa conxunto das televisións intercélticas

Galicia acolle durante estes días a gravación do primeiro programa das televisións de todo o ámbito intercéltico. Trátase de 'Port', unha viaxe musical que se emitiu durante tres tempadas en Escocia e Irlanda e que nesta cuarta edición, froito da colaboración entre as diversas televisións rexionais europeas, dá o salto a Bretaña, Asturias e Galicia a través da TVG.

|

Port interceltica tvg

Terceira edición de Port 


Galicia acolle durante estes días a gravación do primeiro programa das televisións de todo o ámbito intercéltico. Trátase de 'Port', un viaxe musical que se emitiu durante tres tempadas en Escocia e Irlanda e que nesta cuarta edición, froito da colaboración entre as diversas televisións rexionais europeas, dá o salto a Bretaña, Asturias e Galicia a través da TVG.

A fórmula do programa consiste en que dúas coñecidas cantantes e multi-instrumentistas de música celta, a escocesa Julie Fowlis e a irlandesa Muireann Nic Amhlaoibh, percorren diversos lugares para coñecer a tradición musical de cada sitio. Ademais, aproveitan para interpretar pezas xunto con músicos locais, facendo fusión de temas e estilos.

Na gravación de 'Port' en Galicia intervirán o grupo Leilía e o músicos Anxo Lorenzo, Begoña Riobó, Xabier Díaz, Susana Seivane, Xosé Liz de Cea e Uxía Senlle. A produtora do proxecto, a escocesa Bees Nees, escolleu tres localizacións na contorna de Santiago de Compostela: o pazo de San Lourenzo, a Casa dás Crechas e a Casa Grande de Cornide. O equipo do programa viaxará a continuación a Asturias, onde gravará nos próximos días.

Está previsto que esta serie musical, que se compón de seis episodios dunha hora de duración, sexa emitida a partir do último trimestre do ano na canle irlandesa TG4, na escocesa BBC Alba, na TPA de Asturias e na Televisión de Galicia.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE