Torra renuncia a presos para desactivar o 155 a un día da moción de censura

O presidente da Generalitat, Quim Torra, desbloqueou o nomeamento do Govern e substitúe aos catro consellers que estaban en prisión ou fuxidos.


|

TorrA consellers asina 29052018


O presidente da Generalitat, Quim Torra, asinou este martes 29 de maio un novo decreto de nomeamento de todos os seus consellers e que inclúe catro novos nomes: Laura Borràs (Cultura), Damià Calvet (Territorio e Sustentabilidade), Alba Vergés (Saúde) e Àngels Chacón (Empresa e Coñecemento).


Chacón substitúe en Empresa e Coñecemento a Elsa Artadi, que pasa a ser consellera de Presidencia e mantén a portavocía do Govern que lle designaba o presidente hai días.


Estes nomeamentos fan un Govern máis próximo á paridade de xénero e supoñen substituír aos catro consellers designados inicialmente por Torra que están no cárcere ou no estranxeiro: Jordi Turull (ía ser titular de Presidencia), Josep Rull (Territorio), Lluís Puig (Cultura) e Toni Comín (Saúde).






Torra tamén anunciou que o Govern presentará unha querela por prevaricación contra o presidente do Goberno Mariano Rajoy por impedir a publicación no Diari Oficial da Generalitat (DOGC) do decreto de nomeamentos de consellers no que se incluían aos presos Josep Rull e Jordi Turull e os fuxidos Toni Comín e Lluís Puig.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE